jueves, 17 de mayo de 2012

Tuneado de moda á galega.

Ola rapazas!

Hoxe para celebrar o Día das Letras Galegas vou facer unha entrada especial, en galego sobre unha rapaza galega.

No meu instituto hai o Ciclo Formativo de Patronaxe, e expoñen na entrada algúns traballos. Había un dun debuxo dunha boneca nun vaqueiros e encantoume! Así que fun a pedirlle á autora (Laura) que me fixera o mesmo nuns pantalóns que acababa de mercar.




De paso pedinlle outro traballiño: moitas de nós temos que deixar de usar os vaqueiros porque se desgastan na entreperna, e é unha pena porque o resto está perfectamente ben.


Isto ten tres solucións:

A primeira, pedirlle a unha costureira que lles poña un remendo, que ó estar nunha zona pouco visible non se nota case nada.

A segunda é transformar os pantalóns nunha saia curta ou de tubo.

E a terceira opción, a que escollín eu, é facer con eles un bolso grande. Queda xenial!

aquí tedes o vídeo de como se fai se sodes mañosas

Agora vos poño as fotos do bolso.







Coméntovos sobre o bolso que é unha talla 36, e cabe dentro á vez todo isto: a carpeta de clase, un portátil dos pequenos coa funda, a axenda, o estuche e varias cousas pequenas. Non está mal, eh?


Ademáis pedinlle que me fixera un peto interior, e os vaqueiros xa tiñan de por sí varios petos con cremalleira, así que as cousas pequenas (o paquete de panos de papel, as chaves, o móvil...) poden ir gardados individualmente e non me volvo tola buscando no fondo do bolso :)

Aproveito para contarvos que venden en Primark por só 3€ un organizador de bolsos que vai moi ben para bolsos grandes e para as que cambiades de bolso a miúdo.

Nada máis por hoxe, espero que vos gustara!

Bicotes a tod@s.

Lau Potis

2 comentarios:

  1. Hola, unha entrada moi boa, si señor, o bolso e súper orixinal jajaja
    Eu paso para avisarvos que tendes un premio no meu blog, pasade a miralo porfi.
    un Bico.
    http://isavm10.blogspot.com.es/2012/05/premio-especial.html

    ResponderEliminar
  2. Julya - Lau, me ha gustado moito a tua entrada. O bolso che queda moi ben ;)

    ResponderEliminar